A segregación é un dos principais mecanismos xerador de desigualdades sociais. Para sermos unha sociedade verdadeiramente igualitaria temos que loitar contra as forzas que impiden a integración en igualdade dos diferentes colectivos que a conforman. As investigacións de Coral del Río, Olga Alonso e Amaia Palencia, do grupo Ecosot (Economía, Sociedade e Territorio), son as ferramentas que ofrecen á sociedade para acceder ao obxectivo de xustiza social.