Vídeo | Que facemos? Laboratorio de Endocrinoloxía (LabEndo)

LabEndo

As incretinas son unhas hormonas que se producen no aparello dixestivo e estimulan a secreción de insulina, pero tamén son importantes para outras funcións do organismo como a pulmonar, a reproductora ou a cognitiva.

O Laboratorio de Endocrinoloxía (LabEndo) da Universidade de Vigo traballa na busca derivados destas moléculas para o tratamento de enfermidades como a fribrose pulmonar, os problemas relativos ao rendemento fértil ou as patoloxías metabólicas como a diabesidade, estudando incluso a relación entre esta e as enfermidades neurodexenerativas como o alzheimer.