Vídeo | Que facemos? Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC)

Que facemos? Especial saúde

Neste novo vídeo da serie “Que facemos?” coñecemos o traballo do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC), parte do Centro de Investigación atlanTTIC. As súas principais liñas de investigación céntranse na cienciometría, nas comunicacións dixitais e na seguridade multimedia.

O persoal do GPSC participou na expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, unha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i “Ciencia de ida e volta” e que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e a colaboración do Concello de Vigo.

Descobre máis sobre a súa investigación da man de David Vázquez Padín.