11F na UVigo: un mes de actividades para visibilizar o papel das mulleres na ciencia e rachar estereotipos

DUVI |  Co obxectivo de pór en valor o papel das científicas e de fomentar as vocacións STEM entre as nenas, a Universidade de Vigo conmemora ao longo de todo o mes de febreiro o 11F, o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, cun amplo programa de actividades nos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense. Xunto cos obradoiros ElasFanCienTec en Vigo e a feira eXXperimenta en Feminino en Ourense, a UVigo impulsará obradoiros, feiras, charlas, proxeccións, concursos e encontros coa comunidade educativa e coa cidadanía co obxectivo de visibilizar o traballo das mulleres na ciencia e a tecnoloxía, crear referentes femininos e rachar cos estereotipos que condicionan a elección de estudos.