DUVI | A ciencia mariña de vangarda que desenvolven os grupos Centro de Investigación Mariña traspasou esta fin de semana as portas dos laboratorios para proxectarse á sociedade e dar a coñecer os diferentes eidos do coñecemento nos que traballan. Esta fin de semana 150 persoas participaron nas actividades deseñadas dentro do programa Divulgando Ciencia Singular, unha proposta na que participan os cinco centros de investigación do campus de Vigo entre os meses de outubro e novembro. O CIM foi o máis madrugador e deseñou unha serie de actividades tanto no campus, como na Ecimat e na propia ría de Vigo que tiveron o venres e o sábado.
150 persoas mergúllanse na investigación mariña do CIM
