20 anos dando visibilidade ás investigacións educativas

DUVI | No ano 2003 vía a luz o primeiro volume da Revista de Investigación en Educación, unha publicación científica impulsada pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte co obxectivo de dar visibilidade ás investigacións e innovacións que, desde un enfoque interdisciplinar, puñan o foco no ensino e aprendizaxe nos diferentes niveis educativos. Tras converterse nunha publicación dixital de acceso aberto, o que supuxo “un salto cualitativo” en termos de difusión, como recoñece o seu editor xefe, o catedrático Alberto Pazo, a revista edita desde hai máis dunha década un volume anual, composto por dous números, que neste 2022 alcanza súa vixésima entrega.