DUVI | Co obxectivo de achegar a ciencia aos máis pequenos, persoal técnico e investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo), o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e a Fundación Cetmar, Centro Tecnolóxico do Mar organizaron este xoves unha serie de obradoiros de divulgación científica nos que participaron preto de 200 escolares do CEIP Plurilingüe Ría de Vigo.