29 representantes da UVigo no ránking de investigadores máis citados da Universidade de Stanford

poranking

DUVI | 29 investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo forman parte do 2% de científicos máis citados do mundo, segundo se pode extraer da máis recente actualización do ránking elaborado pola Universidade de Stanford, que reúne nunha base de datos aos 186.000 científicos e científicas máis influentes en 22 campos e 176 ‘subcampos’. O catedrático David Posada sitúase un ano máis á fronte da representación da Universidade de Vigo neste ránking, no que figura entre os 700 investigadores e investigadoras citados no mundo, sendo tamén o décimo máis referenciado no campo da Bioloxía Evolutiva e o primeiro en España neste eido.