A Agrupación Aeroespacial traballa na actualidade no proxecto europeo WipTherm
DUVI | “O funcionamento do satélite LUME-1 está a ser estupendo e non se detectou ningún problema ao longo deste ano”. Con estas verbas resume o docente e investigador e responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, Fernando Aguado, o comportamento do satélite LUME-1, que foi lanzado ao espazo o 27 de decembro de 2018 co obxectivo de testar a súa eficacia na loita contra os lumes forestais, ao abeiro do proxecto FIRE-RS. Logo de algo máis dun ano no espazo, o cuarto satélite desenvolvido pola Universidade de Vigo superou as 5700 órbitas á Terra, sen que ao longo deste máis de 12 meses se detectase ningún problema no seu funcionamento.
“O satélite supuxo un paso moi importante no desenvolvemento do sistema electrónico que se incorporou. O sistema de comunicacións TOTEM é un totalmente novo e incorpora toda a experiencia das misións anteriores, pero está baseado no paradigma denominado SDR (Software Defined Radio), ou radio definida por software, que permite actualizar completamente o sistema de comunicacións abordo durante a misión”, explica Aguado, que destaca que froito da cooperación acadada coa comunidade de radioafeccionados, desenvolveuse tres meses despois de lanzar LUME-1 unha aplicación totalmente nova, que se puido probar satisfactoriamente no satélite. Precisamente o sistema de comunicacións TOTEM é un dos elementos que a Universidade de Vigo…