59.000 euros para financiar proxectos de investigación que contribúan ao desenvolvemento da provincia

DUVI A Universidade de Vigo e a Deputación de Ourense lanzaron este luns unha nova edición da convocatoria de axudas a grupos de investigación do campus de Ourense Inou-Campus Auga, que amplía de 47.000 a 59.000 euros o seu orzamento. A iniciativa está destinada a apoiar investigacións que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia e ao coñecemento da súa realidade así como á especialización do campus de Ourense como Campus Auga.