O día de hoxe leváronse a cabo dúas charlas online cunha das protagonistas da segunda edición do libro Quero Ser Investigadora, Nieves Lorenzo González do Grupo Ephyslab do CIM (Centro de Investigacións Mariñas). A Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo organizou a actividade para o alumnado de 1º a 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo, achegando así o traballo da investigadora e a ciencia a preto de 300 cativos.
O 24 de outubro, non foi unha data elixida ao azar xa que hoxe se celebra do Día Internacional contra o Cambio Climático. Dita temática, está directamente relacionada co campo de estudo da investigadora e o centro educativo amosou especial interese nela.
Quero Ser Investigadora II é un traballo dirixido a visibilizar a labor das mulleres na ciencia e espertar vocacións científicas nos nenos e nenas.
Trátase dun caderno no que se recollen 10 historias de 10 mulleres do mundo da ciencia da Universidade de Vigo en diferentes ámbitos, todas elas nunha linguaxe sinxela e adaptada aos máis pequenos. Ademáis, este libro ven acompañado dunha unidade didáctica con propostas de actividades para traballar sobre o texto nas aulas.
A versión dixital de ámbolos dous materiais pódese atopar e descargar aquí:
Agradecemos a implicación do alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro e agardamos que máis centros se animen a coñecer ao persoal investigador da UVigo.