Educación e Informática visibilizan o traballo das mulleres nas súas áreas

DUVI | A programación da Universidade de Vigo co gallo do 11F, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, continúa esta semana no campus de Ourense. Ao seu abeiro, este mércores a Facultade de Educación e Traballo Social e a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) abriron as súas portas a arredor de 90 estudantes do IES As Lagoas da cidade. Con elas e eles desenvolveron diferentes actividades divulgativas que tiveron como obxectivo “dar visibilidade ao traballo das investigadoras destes centros e reverter a segregación por estereotipos de xénero nos estudos”.