Un cómic e cinco vídeos para visibilizar o talento feminino no ámbito aeroespacial

DUVI | O colectivo eXXperimenta en Feminino, composto por profesoras e investigadoras da Facultade de Ciencias e das escolas de Enxeñaría Informática e de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense, pon en marcha dúas novas iniciativas divulgativas. Trátase da segunda edición da serie de vídeos titulada Exploradoras do Universo, nos que se recolle a biografía e logros de mulleres que co seu coñecemento e traballo axudaron a que a humanidade pisara a Lúa, e o cómic EVA y las aventureras del aire.