O catálogo Quero ser investigadora 6 achégase ás historias de mulleres que con paixón polo coñecemento trazan un mapa de referentes cercanos para as que veñen detrás.

Estas páxinas non só celebran os seus logros, senón que tamén nos convidan a mirar de preto, a recoñecelas na pel de maestras, nais, compañeiras, veciñas e a entender que o futuro da ciencia se escribe con nomes propios, con historias que merecen ser contadas.

Recursos educativos

Guía didáctica

Nesta páxina poderedes acceder á versión dixital do catálogo Quero ser investigadora 6, que se acompaña dunha guía didáctica dispoñible para a súa descarga. Trátase dunha proposta de actividades coa que a Unidade de Cultura Científica e da Innovación pretende axudar ao persoal docente que desexe integrar o catálogo nas súas clases.

Actividades gamificadas

Desta volta, tamén podedes atopar contidos gamificados para complementar as actividades. Trátase de actividades interactivas que reforzan a aprendizaxe significativa dos contidos.

Actividade 1 – Verdadeiro ou falso? | Quero ser investigadora 6

 

Actividade 2 – QUIZ | Quero ser investigadora 6  

Novas versións do catálogo

Nesta edición incorpórase unha versión en lectura fácil que adapta os contidos con linguaxe clara e frases sinxelas, eliminando barreiras cognitivas e facilitando a comprensión para persoas con dificultades lectoras, trastornos do neurodesenvolvemento ou que simplemente prefiren unha lectura máis directa.

QSI6 en lectura fácil

Audiolibro