A UCC+i presenta a sexta edición do seu plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta” para o curso 2026-2027. Este plan conta cunha programación estable de actividades para a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación, entre o estudantado, a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral. Con este propósito levaranse a cabo diversas accións para pór en valor a ciencia e promover a difusión da investigación realizada na Universidade de Vigo.

Con este proxecto búscase fornecer a cultura científica na sociedade, contribuír á unha ciencia máis aberta e inclusiva, involucrando á cidadanía na toma de decisións e na participación no procedemento cientítico. Nesta edición especial aniversario, abordaranse novos retos, colaborando con sectores da poboación pouco habituais neste tipo de accións e cunha ampla diversidade nas actividades:

  • Formación sobre divulgación para o persoal investigador
  • Día da ciencia en galego
  • Actividades 11F | A muller e a nena na ciencia
  • Xira Quero ser investigadora
  • Día Mundial da Xustiza Social
  • Día Mundial da Saúde
  • Día Internacional da Terra
  • Feira científica | A ciencia que vén
  • Embaixadoras e embaixadores da ciencia e do coñecemento

Para a súa realización, a Universidade de Vigo conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

Coa colaboración de:

Participa!