DUVI | O prestixioso Journal of Marine Science and Engineering acaba de facer público o maior estudo realizado ata a data sobre os fondos da enseada de Samil, un traballo levado a cabo por un equipo de investigadores e investigadoras do grupo Geoma do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, dirixidos por Ana Bernabeu e Daniel Rey, tras serlle solicitado por ACUAES, a Sociedad Mercantil Estatal Aguas de las Cuencas de España , como avaliación previa do impacto do novo emisario sobre o areal.Para realizalo empregaron unha innovadora metodoloxía que combinou observacións experimentais sobre o fondo e características físicas do sedimento cun estudo numérico que simula a acción da ondada e as correntes que interfiren co transporte de sedimentos.