DUVI | “Non hai ningunha xustificación científica para o uso do cannabis en ningún dos síntomas ou complicacións producidos polo virus SARS-CoV-2 (covid-19), nin moito menos para a súa prevención”. Esta é principal conclusión dun artigo feito polo Grupo Ibero Ciência, do que forma parte o profesor da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense Manuel Isorna, no que, a través dunha revisión bibliográfica na materia, expoñen “a falta de evidencias científicas” que hai detrás das novas falsas nas que se asocian propiedades presuntamente terapéuticas ou preventivas do cannabis coa covid-19.
O uso terapéutico ou preventivo do cannabis fronte á covid-19 non ten xustificación científica
