Un libro para achegar á cidadanía o importante labor dos insectos na polinización

Guía Principales polinizadores de la biodiversidad de Galicia

DUVI | “A polinización é crucial para manter en bo estado os ecosistemas terrestres, tanto aqueles que son naturais como os xestionados polo home”. De feito, “preto do 35% dos cultivos alimentarios do mundo son produto desta transferencia de pole” que realizan diferentes insectos. Deste xeito poñen de relevo os investigadores do grupo AF4 da Escola de Enxeñaría Forestal Paula Rivas, Carolina Acuña, Sergio Lamosa e Manuel Viso a importancia da temática en torno á que articularon Principales polinizadores de la biodiversidad de Galicia, un libro no que, a modo de “sinxela guía”, presentan as especies de insectos polinizadores máis comúns na autonomía, á vez que fan referencia a algunhas das ameazas ás que se enfrontan. Esta publicación, que distribuirán de xeito gratuíto entre as persoas interesadas, foi financiada pola Concellería de Política Social da Xunta de Galicia, como resultado final dun proxecto seleccionado no programa Iniciativa Xove, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.