Ata 2020 a lectura de prensa en galego era dependente e complementaria da española

Silvia Duarte

DUVI | Ata este mesmo ano, coa aparición de Nós Diario, a lectura de prensa en galego era dependente e complementaria da española. Mentres que o lector de prensa nacional se facía cunha visión global do que acontece no resto do mundo, o da galega adquiría unha visión localista, rexionalista e, como moito, centralista, en alusión ao Goberno central. Así o defende a investigadora da Facultade de Filoloxía e Tradución Silvia Duarte na súa tese de doutoramento A ideoloxía na para/tradución e nos transvases de información: análise da situación da prensa en galego, dirixida polos doutores Silvia Montero e Xoán Manuel Garrido.