A realidade virtual permite abrir ao público os laboratorios do Cinbio

Visita virtual ao Cinbio

DUVI | O Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, Cinbio, abre os seus laboratorios ao público a través dunha plataforma virtual nunha nova edición do programa Divulgando Ciencia Singular, que cada ano achega o traballo deste centro á sociedade mediante obradoiros prácticos e diferentes actividades. Debido ás circunstancias sanitarias actuais, o centro decidiu adaptar estas tradicionais xornadas de portas abertas ao formato telemático, conseguindo que o visitante poida realizar un percorrido virtual por estas instalacións moi completo e intuitivo.