DUVI | No marco do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) e do Grupo de Innovación Docente en Educación Patrimonial, ambos da Universidade de Vigo, estase a desenvolver un proxecto de investigación sobre a percepción social na actualidade do pasado prehistórico e o seu imaxinario colectivo desde unha perspectiva de xénero. Para “acadar os obxectivos propostos, e indagar de cheo no paradigma social do pasado prehistórico”, convidan ás persoas interesadas a participar neste estudo cubrindo unha enquisa anónima sobre os seus coñecementos deste período.
Máis alá dos dinosauros, que coñeces da Prehistoria?
