Un novo recoñecemento científico para a catedrática de Inmunoloxía África González

África González

DUVI | Decembro foi un bo mes para a catedrática de Inmunoloxía África González. Despois de obter o pasado día 11 o Premio Executivas 2020, a docente recolleu  esta semana de xeito virtual  un novo galardón, neste caso o Women CEO, na categoría de muller e ciencia, un recoñecemento que busca pór en valor o traballo das mulleres nun terreo no que non adoita estar recoñecido, a ciencia, polo que para González “é un orgullo visibilizar a dedicación das mulleres na investigación científica”.