DUVI | Coñecer a percepción que os nenos e nenas de primaria teñen das matemáticas, tendo en conta o nesgo de xénero existente nunha disciplina na que o número de investigadores é moi superior ao de investigadoras, era o cometido central do estudo que o grupo de innovación docente MaReMa (Materiais e Recursos en Matemáticas) desenvolveu no marco da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo. A través dos cuestionarios e entrevistas realizados a 340 estudantes de primaria, o estudo Vocacións matemáticas na última etapa de educación primaria: perspectiva de xénero permitiu constatar que a porcentaxe de nenas ás que lles gustan as matemáticas é inferior á de nenos. Mais tamén que as alumnas perciben en maior grao a aplicabilidade dunha disciplina que, en termos xerais, é percibida como unha “ciencia sen aplicacións”, segundo recollen as conclusións do estudo.
As nenas gustan menos das matemáticas, pero perciben mellor as súas aplicacións
