DUVI | Logo de cinco anos celebrándose en formato presencial, o Hackathon que a UVigo desenvolve ao abeiro da Cátedra Telefónica levarase a cabo en formato virtual. Será entre o 6 e o 8 de maio cando o Hackathon Virtual, HAVI 2021, reunirá aos equipos formados por entre tres e seis estudantes da UVigo, que deberán defender os seus respectivos retos para a innovación nesta competición, que ten o obxectivo de fomentar o emprendemento innovador e o traballo en grupo. Nesta primeira edición virtual do evento, a Universidade de Vigo, a Cátedra Telefónica e o Consello Social desenvolverán un hackathon que reunirá as mesmas condicións básicas que os presenciais, pero nun ámbito puramente virtual, empregando para tal fin as infraestruturas de teledocencia dispoñibles na institución académica.
O Hackathon estrearase o vindeiro mes de maio en formato virtual
