DUVI | Camilo Castelo Branco está considerado como un dos escritores máis importantes da literatura portuguesa. Aínda que inscrito dentro do romanticismo, a súa obra destaca pola crítica social e abrangue títulos como Amor de perdición ou A brasileira de Prazins. Na súa tese de doutoramento, a xeógrafa Ana Maria Moutinho Ferreira propón varios itinerarios literarios para facer unha lectura da cidade de Porto en base á vida e obra deste autor.
Coñecer Porto a través da obra de Camilo Castelo Branco
