DUVI | Fabricación aditiva, big data, computación na nube, internet das cousas, robots autónomos e colaborativos, xemelgos dixitais… estas son algunhas das tecnoloxías habilitantes froito da industria 4.0, a cuarta revolución industrial. Co obxectivo de ofrecer unha visión de conxunto do seu avance no sector aeroespacial que poida “servir de referencia e inspiración”, preséntase o libro Aerospace and digitalization. A transformation through key industry 4.0 technologies, asinado por Diego Carou, profesor da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense.