DUVI | Espertar no alumnado de bacharelato o interese pola investigación é un dos obxectivos do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía STEMBach, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia ao abeiro da Estratexia Galega de Educación Dixital, na que grupos de estudantes de diferentes institutos levan a cabo, ao longo de dous cursos, unha serie de investigacións baixo a titorización tanto de profesorado do seu centro como de docentes universitarios. Despois de que en maio do pasado ano se presentasen de xeito virtual os primeiros traballos xurdidos da participación de diferentes facultades e escolas da Universidade de Vigo nesta iniciativa, na mañá deste mércores tres alumnas do IES A Xunqueira II defenderon por primeira vez un traballo desenvolvido ao abeiro deste bacharelato STEMBach no campus pontevedrés.
Tres alumnas do IES A Xunqueira II convértense nas primeiras en defender un proxecto STEMBach no campus
