Unha tese analiza o efecto do aceite de cobertura e do procesado en conservas de peixe espada

A investigadora Noemi Cobas é a autora da tese

DUVI | No ano 2012, a Área de Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade de Vigo iniciou coa Asociación de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) un proxecto para o desenvolvemento e optimización dun proceso de elaboración de conservas de peixe espada que se atopan actualmente no mercado. No marco desta liña de traballo, a investigadora Noemi Cobas abordou na súa tese de doutoramento a análise do efecto do aceite de cobertura e do procesado en conservas de peixe espada. Nas conclusións do estudo destácanse os cambios no perfil lipídico debidos ao efecto do líquido de cobertura así como as diminucións observadas nas proporcións de acedos graxos poliinsaturados EPA e DHA tras o tratamento de esterilización.