Unha tese analiza a coordinación entre humanos e axentes artificiais en escenarios de risco colectivo

A tese de Elías Fernández realiza experimentos económicos de comportamento

DUVI | O cambio climático, os procesos de vacinación ou o control de pandemias son temas de total actualidade nos que se confrontan intereses individuais e colectivos e os beneficios inmediatos e a longo prazo. Estes contextos son coñecidos como situacións de risco colectivo, escenarios complexos que conforman dilemas sociais suxeitos a moitas incertezas, dende a probabilidade de que a catástrofe ocorra, ata o tempo dispoñible para evitala. Nestas situacións e nas posibles respostas dos seres humanos céntrase a tese de doutoramento de Elías Fernández Domingos, dirixida polos profesores Tom Lenaerts e Juan Carlos Burguillo.