DUVI | Un dos problemas máis importantes aos que se enfronta o sector do tratamento de augas residuais é a presenza, por unha banda, de compostos químicos recalcitrantes como os metais pesados ou as tinturas e, por outra, de contaminantes emerxentes como fármacos, pesticidas ou produtos de hixiene persoal. Existen diversidade de traballos que demostraron o seu impacto nocivo no medio ambiente, pero os niveis máximos de vertido de moitos deles non están aínda recollidos na lexislación vixente. Polo tanto, é necesario buscar tratamentos previos que eviten a chegada destes compostos ás estacións depuradoras de augas urbanas (EDAR). E este é o obxectivo da tese de doutoramento de Noel Escudero, investigador do grupo Procesos de Separación, cualificada cun sobresaínte cum laude.