A Asociación Científica de Economía y Dirección de Empresa premia o traballo dun doutorando de Rede-Ecobas

Lucas López Manuel

DUVI | No ano da súa incorporación ao mundo académico e no que tamén asiste a congresos por vez primeira, o doutorando do programa Análise económica e estratexia empresarial da UVigo Lucas López Manuel recibiu o premio nacional ao mellor artigo na sección de Dirección de operacións e tecnoloxía outorgado no congreso anual da Asociación Científica de Economía e Dirección da Empresa (Acede), que reúne 750 académicos españois da área da empresa. “É un honor e unha sorpresa. Sinceramente, estou aínda chegando ao mundillo e penso que aínda non asimilei o valor que ten isto”, explica o estudante ourensán de doutoramento de Rede-Ecobas.