A poboación galega incrementou o consumo de produtos do mar frescos e en conserva durante a pandemia

peixe

DUVI | Durante a pandemia por mor da covid-19, rexistrouse un cambio no comportamento de consumo da poboación galega, que aumentou de xeito significativo o gasto en produtos do mar frescos e en conservas durante o primeiro confinamento. Esta é a conclusión principal á que chegaron científicos da USC e da UVigo nun estudo publicado na revista Frontiers in Marine Science e cuxo primeiro asinante é o profesor da USC Sebastián Villasante. Xunto a Villasante, tamén son autores do traballo, o docente e investigador da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e do grupo Ecobas da UVigo José María Da-Rocha Álvarez, e os tamén profesores da USC Ana Tubío, Gillian Ainsworth, Pablo Pita e Manuel Antelo.