DUVI | O proxecto europeo rurAllure, liderado pola Universidade de Vigo dentro da convocatoria H2020 da Comisión Europea, e a Fundación Otero Pedrayo, veñen de celebrar un encontro con diversos clubs ciclistas ourensáns no que se trataron temas relacionados coa bicicleta como medio de transporte sostible e como ferramenta para o desenvolvemento rural. A iniciativa, indican desde a súa organización, quixo ademais continuar promovendo a sede da Fundación Otero Pedrayo “como epicentro promotor dunha Galicia con vocación innovadora, ecolóxica e europeísta”.
O proxecto europeo rurAllure e a Fundación Otero Pedrayo fomentan o uso da bicicleta no rural
