DUVI | Clases enriquecidas con contidos 3D, soportados polas novas tecnoloxías 5G, para mellorar as experiencias do alumnado. A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolleu este xoves a presentación de resultados dun novo proxecto piloto 5G desenvolto, nesta ocasión, por un consorcio liderado pola empresa Orange en colaboración co centro atlanTTic da Universidade de Vigo e a multinancional Capgemini. Esta nova rede móbil 5G achega ás aulas universitarias as vantaxes da denominada educación 4.0 facilitando a realización de clases virtuais nas que se combinan as tecnoloxías da realidade aumentada coas comunicacións 5G, o que permite enriquecer a docencia con novos contidos avanzados que serán de utilidade non só para o caso de estudantes que sigan as clases desde os seus propios fogares, senón tamén para os que estean presentes na aula.
Un novo proxecto piloto 5G aproxima as vantaxes da Educación 4.0 ás aulas universitarias
