DUVI | A violencia sexual, lembra Rosana Martínez, investigadora do Grupo de Saúde, Sexualidade e Xénero da Universidade de Vigo, “é unha realidade que sofren maioritariamente as nenas e mulleres”. Na infancia e na adolescencia, detalla, é cando comezan as súas primeiras experiencias que se materializan a través do abuso sexual infantil e/ou acoso sexual entre iguais pero “as violencias sexuais seguen o seu transcurso na etapa adulta dunha muller, transformándose en condutas de acoso sexual, acoso por razón de sexo e agresión sexual”. Desta forma, “a violencia sexual convértese na violencia máis xeneralizada e menos recoñecida do mundo”, afirma. Na súa tese de doutoramento, esta educadora social abordou este continuo das violencias e das ciberviolencias sexuais e o papel que a educación pode xogar na súa prevención.
As violencias e ciberviolencias sexuais contra as mulleres, unha constante ao longo da vida
