Un estudo constata que a mostraxe espacial desigual distorsiona as reconstrucións da temperatura da auga do mar no Fanerozoico

Lewis A. Jones

DUVI | Coa chegada á Universidade de Vigo a pasada primavera da investigadora Sara Valera, cunha bolsa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) de 1,5 millóns euros, botou a andar o MAPAS Lab. Esta nova liña de investigación, dentro do Grupo de Ecoloxía Animal, céntrase en estudar os procesos de evolución e extinción nos últimos 540 millóns de anos, é dicir, onde aparece e desaparece a biodiversidade ao longo do tempo, xerando mapas paleoclimáticos para ese período e tamén programando un modelo que simule os mecanismos de diversificación da vida. O traballo comeza a dar os seus froitos en forma de artigos científicos, como é o caso do que acaba de publicar a Geological Society of America, asinado polo investigador da UVigo Lewis A. Jones e Kilian Eichenseer, da universidade Erlangen-Nürnberg.