DUVI | Os investigadores do equipo de Bioloxía Ambiental do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo Marta Gil e Fran Ramil, integrantes do grupo EcoAfrik , continúan a sacar á luz novas especies e xéneros dos ecosistemas bentónicos africanos, unha zona na que se localizan algunhas das áreas máis produtivas, pero tamén máis ameazadas pola sobrepesca, xa que o esgotamento dos recursos tradicionais da plataforma está impulsando ás flotas pesqueiras a desprazarse cara as augas máis profundas, o que, tal e como denuncia a comunidade científica, ameaza de forma alarmante a integridade dalgún dos ecosistemas máis vulnerables das marxes continentais.