DUVI | Cumieira das Letras. Así bautizou o Departamento de Filoloxía Galega e Latina o seu novo proxecto, unha revista de periodicidade anual coa que buscan dar a coñecer traballos científicos en galego sobre a lingua, literatura e cultura galegas. “Cumieira das Letras Galegas, non leva este apelido no seu nome oficial, pero podería levalo porque ese é o motivo da súa propia existencia, as letras galegas”, tal e como explica o seu director, o profesor Alexandre Rodríguez Guerra. A nova publicación presentouse este xoves ao público na Facultade de Filoloxía e Tradución, onde tamén se levou a cabo a presentación do libro Querida Liberdade, dedicado á memoria de Antolín Faraldo e escrito polo filólogo e egresado da Universidade de Vigo Xurxo Martínez González.