As ferramentas virtuais personalizadas melloran a interacción social en nenos e nenas con TEA

DUVI | As persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) sofren unha disfunción neurolóxica que se manifesta a través dunha serie de síntomas que dificultan a comunicación e, sobre todo, as interaccións sociais e afectivas. Este trastorno adoita diagnosticarse a idades temperás e unha intervención nesta primeira etapa pode axudar a que os nenos e nenas con autismo poidan adquirir habilidades sociais que lles permitan acadar a madurez cunha inserción social adecuada.