DUVI | Pórse ao día sobre as múltiples oportunidades de financiamento europeo que traerá consigo o 2023 nos eidos da educación e da innovación. Con este obxectivo arredor dunha trintena de docentes e investigadores dos tres campus participan este xoves e venres nunhas xornadas informativas virtuais coas que a Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación busca dar a coñecer entre o PDI toda a oferta de convocatorias europeas no eido da educación e a innovación que estarán abertas o vindeiro ano, especialmente no marco Erasmus+, un programa que non só se refire a mobilidade de estudantes e persoal, senón que, tal e como se explicou nas xornadas, inclúe múltiples accións de financiamento para as que a Comisión Europea dedicará o vindeiro ano 4200 millóns de euros, tal e como se fixo público esta mesma semana.