DUVI | Cambios elásticos hormonais e as tensións que produce sobre a parede abdominal o crecemento do feto provocan que durante o embarazo se produza a chamada diástase de rectos abdominais, a separación do ventre dos dous músculos rectos abdominais. En moitos dos casos, esta situación resólvese tras o parto de forma espontánea, mais cando isto non acontece pode dar lugar a problemas como dor de costas ou distensión abdominal.