Helena Cortés recibe o Premio Nacional a la Mejor Traducción 2021 por El Diván de Oriente y Occidente de Goethe

DUVI Case ano e medio despois de coñecerse a concesión do galardón, a docente e investigadora do Departamento de Filoloxía inglesa, francesa e alemá da UVigo Helena Cortés Gabaudán recibía nas últimas horas, nun acto celebrado no Edificio Pignatelli de Zaragora, e adiado por mor da covid, o Premio Nacional a la Mejor Traducción 2021, pola tradución ao español do orixinal en alemán da obra El Diván de Oriente y Occidente (West-östlicher Divan) de Johann Wolfgang von Goethe. SS.MM. os Reis foron os encargados de entregar os Premios Nacionales correspondentes ao 2021, cos que o Ministerio de Cultura y Deporte distingue a personalidades da cultura en ámbitos como a literatura, a historia, cómic, tradución, ilustración, fomento da lectura ou xornalismo.