O proxecto Coppereplace remata con resultados “prometedores” para reducir o uso de cobre en viticultura

DUVI Durante algo máis de dous anos, 13 socios de Francia, Portugal e España, entre os que estivo un equipo da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, desenvolveron o proxecto Coppereplace, centrado na busca de alternativas para reducir o uso de cobre como funxicida en viticultura e o seu impacto ambiental. A iniciativa, destacan desde a súa organización, pecha agora a súa actividade “con resultados prometedores” e marcando “un antes e un despois” neste reto “esencial” para os viñedos europeos. Así, subliñan, conseguiuse “un grande achegamento a solucións integradas e sostibles por medio de métodos de produción respectuosos co medio ambiente”.