Helena Cortés inmortaliza e desmitifica a Goethe na primeira biografía do escritor alemán elaborada por unha autora española actual

DUVI Cando a docente e investigadora do Departamento de Filoloxía inglesa, francesa e alemá da Universidade de Vigo Helena Cortés Gabaudan recibiu o encargo da editorial Arpa de escribir unha biografía de Johann Wolfgang Goethe decidiu a aceptar o reto, “e falo de reto porque Goethe foi tan gabado, fíxose tanta haxiografía da súa persoa e obra, que calquera cousa que se atreva un a dicir sobre el resulta, ou ben escaso, ou ben un sacrilexio”, explica a xermanista, tradutora e autora de Goethe.