DUVI | A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolle este xoves e venres as xornadas Valorización de subprodutos da industria agroalimentaria mediante procesos innovadores: o reto dun futuro sostible. A relatora é a profesora Margherita Pettinato, da Università di Genova (Italia), que está a realizar unha estadía no grupo de investigación organizador das xornadas, o grupo BiotecnIA (Biotecnoloxía Industrial e Enxeñaría Ambiental). O obxectivo da actividade é “discutir o papel da investigación no desenvolvemento de procesos non convencionais, a optimización de variables de proceso e métodos de post-procesado na recuperación de compostos de alto valor engadido a partir de residuos agroalimentarios e explorar as súas novas explotacións potenciais nos sectores alimentario, cosmético e farmacéutico”.