Un estudo sobre o Centro de Educación para Adultos alerta da “desatención da administración” a este tipo de ensino

DUVI Contra todo prognóstico era o título do proxecto do grupo de investigación Cies, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, que serviu como punto de partida para a tese de doutoramento na que Santiago Cruz traza unha “radiografía da realidade” do Centro de Educación para Adultos Río Lérez, levada a cabo conxuntamente co seu persoal e alumnado.