A UVigo lidera unha rede de 22 entidades para formar especialistas en ciberseguridade de todo o mundo

DUVI | Os avances que se están dando no eido da computación cuántica implican un risco potencial e inmediato para os sistemas de criptografía que son os que garanten a seguridade da comunicacións e da protección da información en internet. Cómpre, polo tanto, avanzar na procura de novas solucións que aseguren comunicacións cuanticamente seguras. Para avanzar neste eido, a Universidade de Vigo coordina unha rede internacional que permitirá formar os expertos en ciberseguridade do futuro.