Especialistas en comunicación de toda España reuniranse a vindeira semana no campus

 

DUVI | Como un “lugar de encontro e diálogo” entre os novos e novas investigadores no ámbito da comunicación presenta a AE-IC (Asociación Española de Investigación en Comunicación) o seu IV Doctorial, un evento que terá lugar os días 15 e 16 de xuño no campus e que se verá precedido, o martes 13, por unha xornada sobre o impacto da desinformación no ámbito local, promovida polo Grupo de Traballo de Comunicación Política da AE-IC e polo proxecto de investigación Fakelocal, que coordina o grupo CP-2 da Facultade de Comunicación.