DUVI | Melloras no equilibrio e na marcha e unha diminución do risco de sufrir caídas. Isto é o que pode achegar á poboación nonaxenaria un programa de exercicio físico baseado no uso da realidade virtual, como comprobou o investigador Pablo Campo nun dos estudos que conforman a súa tese de doutoramento. Os resultados desta investigación recóllense nun artigo publicado na revista científica Journal of clinical medicine e constitúen, “ata onde chega o noso coñecemento, o primeiro estudo con realidade virtual inmersiva nesta poboación a nivel internacional”, recoñece o integrante do grupo HealthyFit, que forma parte do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS).