O contexto electoral converte España nun “lugar crítico” para a proliferación de noticias falsas

DUVI | A proliferación de noticias falsas e boatos, informacións sen contrastar, tense convertido nos últimos tempos nun problema social que “preocupa e ocupa” aos investigadores e investigadoras, como salientou a decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres, na inauguración da xornada El impacto de la desinformación en el ámbito local. Promovido pola Asociación Española de Investigación en Comunicación (AE-IC) e polo proxecto Fakelocal, que coordina o grupo CP2 desta facultade, especialistas de diferentes universidades presentan neste foro os seus proxectos e liñas de traballo neste ámbito, pondo o foco no impacto que as campañas de desinformación poden ter no eido local.